POUCAS COUSAS MÁIS

Fóiseme a paisaxe hai xa moito tempo
Fóiseme sin dicir nada
a modo
con pés de lá
procurando outros espacios
quizais non tan perigosos
quizais non tan largacíos.

Fóiseme a paisaxe enchida de incertezas
hai moito tempo
pero quédanme o vento que sopra
as cinzas húmidas do amor
certas memorias místicas que non doen
un corpde muller cheo de intimidade.

Quédanme estas e poucas cousas máis
grisallas e azuis 
doces e amargas 
mornas e xeadas.

Fóiseme a paisaxe hai moito tempo
pero aínda conservo algún dos seus versos.


Nos mares diversos
Antonio García Teijeiro

Comentarios

Publicacións populares