UN CONTACTO MÁIS ALÓ DA PEL

Arte na casa

As​​ Mulleres​​ de Amelia Peláez están agora nas miñas mans. Socórrenme mentres levo ao forno a bandexa para facer o asado. Son a miña agarradeira e a miña luva favoritas. As flores amarelas en contraste co fondo azul e vermello van á mesa coa carne do día.

No momento da creación, a pintora non pensou nos grandes conceptos de comercialización da arte que sobrevirían para que o gusto estético atopase tribuna en todas as casas:​​ Mulleres​​ no mandil, na cunca que me levo á boca nas mañás para beber café; na cortina de baño, na toalla… Non deixan de mirarme e tocarme as​​ Mulleres;​​ provocan un contacto máis aló da pel. Foi un agasallo dunha amiga poeta apaixonada pola artista, que obsequia as cousas do seu agrado para mantelas a distancia e non atraer os malos ollos, que é como dicir as malas bocas e os malos oídos. Ela e eu intercambiámonos obras de arte e así saciamos os praceres da visión e da carne en visitas frecuentes que non han de levantar sospeitas. Téñolle preparada unha sorpresa para os seus aniversarios. Uns amigos acábanme de traer un xersei e unha peza interior coa imaxe do​​ David​​ de Miguel Ángel.


Alberto Peraza Ceballos

Comentarios

Publicacións populares