ANTRE BRÉTEMAS E SOMBRAS

A un pensamento
A Sofía Casanova de Lutoslawski


Fror que antre neves naciche

aló nos confíns de Europa,

mensaxeira de venturas

e lembranzas cariñosas,

prenda de santa amistá

que vés de terras tan longas

e trás de dous angeliños

o nome escrito nas follas,

se  é verdades que no mundo

tén alama tódalas cousas,

dime, branco pensamento,

se por fortuna me escoitas, 

por que tes as follas brancas

como as aliñas das pombas?

non hai sol na túa terra

que dé colores i aromas

ás frores i estades tristes

e páledas e chorosas?

Cicais nacés, coitadiñas?

antre brétemas e sombras.

Ou é que nacedes brancas

i anque páledas hermosas,

pra que as vosas fillas sirvan

como sirviron agora

pra escrebir os lindos nomes

de Sabeliña e de Rosa?


Prefumados caraveles,

alcendidas amapolas,

rosas que tendes orgullo

porque contades cen follas,

ben podedes ter cobiza

desta fror páleda e solla,

que vén dende a fría Rusia

a traguerme unhas mamorias.

Nela escribiu unha nai

e puxo a súa ialma toda

e garda esa fror tan pura

todo un poema de groria.

Ese branco pensamento

non é unha fror, é unha xoia,

pois un xenio pelegrino

a súa firma groriosa

puxo mel pra avaloralo,

que o nome da Casanova

troca nunha folla de ouro

o papel en que se pousa.

Follatos (1891) 
Filomena Duato Muruais
 

Comentarios

Publicacións populares