DEPOSTA POR ÁVIDAS MANS

 

Nai Terra

Oh Nai Terra,
cos teus verdes campos,
unha vez máis deposta por ávidas mans.
Ata cando podes ofrecer sen recibir
e alimentar este mundo que se rexe pola cobiza?
E alimentar este mundo que se rexe pola cobiza?

Oh, bóla de lume,
no ceo estival.
A túa luz sandante, o teu desfile de días,
Foron traizoados polos poderosos
que sosteñen este mundo nas súas cambiantes mans?
Eles sosteñen o mundo nas súas cambiantes mans.

Oh, terra da liberdade,
vas permitir isto?
Nas rúas onde as cifras medran,
respectade á Nai Terra e o que ela nos ofrece
ou liquidaredes os días dos nosos fillos.
Ou liquidaredes os días dos nosos fillos.

Respectade á Nai Terra e o que ela nos ofrece
ou liquidaredes os días dos nosos fillos.

Ragged Glory (1990)
Neil Young
Fotografías: © Emilio Blanco e © La Sexta


Comentarios

Publicacións populares