DE RUGANDO A VILARMEL


Debuxo e fotografías da ponte de Rugandocamiño a Vilarmel e Cereixido. Ata aquí chegaban os coches, a partir de aquí había que ir andando ou a cabalo.

Sobre o ano 1968 chegamos ata a ponte dende Quiroga e fixemos o resto do camiño andando a Vilarmel, que estaba de festas. Subimos dende Quiroga ata a ponte na caixa do camión da Gabriela, da fábrica de gaseosas La Castellana, unha recua de 17 persoas, a familia da Gabriela máis parte da miña e unha veciña, xunto coas caixas de bebibas. O camiño a Vilarmel foi longo e pesado, algúns levaban as caixas de cervexa e as gaseosas para a cantina da festa e outros as empanadas para o xantar. Ó chegarmos baixamos ó río Vilarmel e démonos un baño nunha zona do río que formaba unhas fermosas pozas en cascada. Moitos anos despois volvimos ó sitio pero xa non as localizamos, probablemente a erosión e o paso do tempo acabou con elas. 



Texto, debuxo e fotografías: © Manuel R. Crespo

Comentarios

Publicacións populares