ENCOMEZO/CHEROKEE

Botando frecuentes olladas a todos os sitios

Un día, un home saíu dun almacén. Era un almacén baleiro, nos suburbios do leste. Era un home alto, ancho, groso, cunha gran cabeza inexpresiva. Era o final do día. 

O home ía vestido cun xersei feito a man, de raias amarelas e vermellas de debaixo dun impermeable de plástico flexible, opaco, con acanalados estampados que imitaban unha tea de gabardina. Un sombreiño para a choiva estendíase como un peixe plano no alto da súa cabeza. Acababa de durmir cinco horas seguidas no fondo do almacén e agora camiñaba botando frecuentes olladas á súa esquerda, á súa dereita, detrás del. Non ía tranquilo. A véspera roubara unha cantidade importante, e temía que o recoñecesen, non quería que o detivesen, non quería que lle quitasen o diñeiro.

Non lonxe do almacén, nun café, uns debuxos nunha carta fixada preto da vella cafeteira representaban bocadillos, tortillas, queixos en liscos. O home mirou aqueles debuxos un bo intre. Gustábanlle as imaxes das cousas, era máis sensible a elas que aos seus nomes, e que ao seu prezo desde a véspera.

Cherokee (Faber & Faber (1988)
Jean Echenoz





Comentarios

Publicacións populares