SOBRE O TEITO DA NOSA CASA
Onte á noite a lúa foi unha araña
nós corremos.
Ninguén quedou.
O ceo creceu tan negro como os teus ollos.
Empezaba a chover.
No aire irromperon veleiros
e desapareceron.
Veleiros vermellos.
Ti rías.
A lúa foi unha araña.
Un listón ensanguentado caeu
do ceo
sobre o teito da nosa casa.
Rubio e negro.
Nós tratabamos de cantar.
Facía frío.
No niño do ceo,
de onde colgaban uns ósos,
eu vin algo
que me pareceu o teu rostro.
As rodas raspan rocas
no lado escuro da lúa.
O principio:
Na noite fóronse os soldados
e eleveime na cama,
as miñas mans rematan detrás de min
para ver.
Ti tentabas durmir.
Unha xeada do ceo
aloxouse no meu corazón.
A lúa foi unha araña.
Jerome Rothenberg
Comentarios