UXÍO NOVONEYRA: CASA FAMILIAR DE PARADA
A ruta das casas literarias
A casa familiar de Parada foi un referente para diversas xeracións de mozos e artistas. Lugar ao que acudían a visitalo. "Uxío Novoneyra tiña a porta sempre aberta mesmo cando el non estaba na casa", dicía Xabier Docampo.
É o poeta que desentraña o paisaxismo humanizándoo, as voces da montaña. O seu hábitat preferido.
Atrás quedaron os estudos en Lugo e Madrid, a estadía última en Compostela, os amigos de Brais Pinto, o café Gijón, Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, o pintor Maside e os seus coetáneos, Manuel María, Carlos Oroza...
O Courel foi o lugar que el sacralizou e converteu en lírica.
" Os Eidos" é a lectura que te levará a el.
Integrada na ruta turístico literaria da zona.
Texto e pintura de © Pura Tejelo
Comentarios