A VOZ DO FADO


O teu corpo é unha baralla
na que lle boto as cartas
á esperanza.

Pola cortiza longa das túas pernas
corren as cervas
da esperanza.

O teu corpo é unha baralla
na que lle leo á noite a voz do fado
e da esperanza.

Nas moedas lostregantes dos teus ollos
a cara e cruz a sorte miña
e a esperanza.

O teu corpo é unha baralla
que espe de veus o corpo do misterio
e da esperanza.


Berros en voz baixa
Antón Tovar

Comentarios

Publicacións populares