Á ZONA DO CREPÚSCULO

Bailarina

Onte á noite tiven un soño

brillante como unha estrela fugaz.

E as fontes de luz

parecían tan próximas,

pero tan afastadas.

Pensei que estaba a voar,

onde están os planetas.

Movéndose entre o día e a noite.

Escóitame,

aí estás.

Segue á Bailarina,

mira e abraza.

É unha moza tan fascinante que

se move con tanto ritmo e graza.

Quen pode ser ela?

Segue á bailarina e

vai ao lugar tranquilo.

Aquí no mundo canso,

nalgún sitio entre o tempo e o espazo.

Seremos libres.

Cada un de nós nace só.

Benvido á zona do crepúsculo.

Podes ir só co que traias.

Aparecen cousas que non podemos ver.

Cantando cancións que non podemos oír.

Un todo seguramente é todo.

Mentres tanto, nos guetos hai po e escuridade.

Bird está a soprar na súa habitación.

Todas esas notas non quitarán a dor.

E seguramente sufrirás dano

con esa agulla no teu brazo.

E a droga nunca converterá a noite en día.

Só un pouco máis adiante.

Irmanciña, son estas rúas de noite.

Eu digo que o vento sopra frío

e as mulleres necesitan zapatos novos.

Así que dille,

dille o que queres facer.

boogie, bop ou boogalo?

Díxenlle que lle dixese que queres facer

boogie, bop ou boogaloo.

Dixen: dille, dille

o que queres facer.

Boogie, bop ou boogaloo?

What colour is love?
Terry Callier
Fotografía de © Joel Brodsky 


Comentarios

Publicacións populares