MANXAR O CEO FRÍO

 

Cumes

No cume alborea a primeira cór.
Cata a neve a primeira luz.
Aguias de ollo marelo
atinan ca serpe,
nubes rosadas bican o picacho,
o vento funga nos carrozos.

Rubir aos cumes é pregar.
Trelecer, dente con dente.
Manxar o ceo frío, desesperar despois.
Abrir a navalladas de luz
a soidade na ialma.

No cume ven a noite a deitar
feixes de estrelas.
Xurde a terra un canto misterioso.
A montaña abre as azas
confiada ao teso vixiante,
dominador de pobos nas encostas
e valgadas: Deus ameazante.

Baixar do cume é morrer de amor.
Alí queda, no fondo do ceo,
o forno aceso onde fermenta
i arde en labaradas
a semente da vida.

Queima a rocha das entranas
da terra, oso núo arrincado aló,
no cume íspido,
pra que os homes deprendan a forza
arrebatada de ser rexos
e ceibes, no canto do mundo.


Eduardo Moreiras
Fotografías de © Emilio Blanco "Milucho"

Comentarios

Publicacións populares