SOEDÁ DOENTE


Eu son aquel que en tempos de ventura

flores collín por cómaros e hortas
i ora vou esfollando flores mortas
ao longo, longo da vereda escura.

Son aquel eu que sigue o meu camiño
mirando arriba, ollando aos horizontes
e debullando nun cantar baixiño
tisteza de oxe i añegrías de ontes.

Son aquel eu, paxaro que no pico,
leva o piar da soedá doente
en ás voando dunha arela infinda.

Son aquel eu co meu cantar no bico,
coa miña estrela a rebrilar na frente.
Son aquel eu que non morreu aínda!

Xosé Crecente Vega
Fotografía © The Ohio State University


Comentarios

Publicacións populares