AS VERSIÓNS FAVORITAS

Miña Maruxa

María López, Faltriqueira, rexistrou está sentida e saudosa versión de Miña Maruxa, de Andrés do Barro. Foi recollida na zona de Chamoso (Cabanas) no verán de  2007. 

Brava María!

"boa bailadora 
co lume nos ollos i o aire nos pés,
¡e nas maos a lúa a facer lilailas"

Unha peza que aparece orixinalmente en 1969 nun disco de 45.r.p.m., "single", según o anglicismo de turno, que na cara A incluía O tren, de Andrés do Barro, todo un revulsivo na música pop da época, máis aínda por ser cantando en galego. 

Polo que a min respecta, sempre fun máis de Maruxa, dende os meus tenros 13 anos, aínda que non lle quito xeito ao tren. Miña Maruxa é como máis universal: "Xa o ves estou morrendo de amor/Non podo vivir sin ti", como aquelas cantigas dos troveiros dos tempos medievais, mentres que "O tren" é máis fuxidío, máis veloz, máis moderno, aínda que gustoso en experiencias ledas tamén polo que a min respecta.


Comentarios

Publicacións populares