CÍRCULOS CONCÉNTRICOS DE VIDAS

 

Ubi sunt?

Onde foron aqueles 
que deixaron os nomes da súa gloria

nunha espada 
unha garza
unha coroa...

en círculos concéntricos de vidas
e de lóstregos?

Talvez o ser e o tempo
son a mesma conciencia...

Pazo de Tor
Luz Pozo Garza

Pintura de Ferdinand II Piloty

Comentarios

Publicacións populares