LENTA A ESPERA
Blues
Longa e lenta é a noite, como un blues.
Aceiradas estrelas con cansazo de sombra
nas cordas do vento.
Aceiradas estrelas con cansazo de sombra
nas cordas do vento.
Longa e lenta é a noite.
Afastada a caricia, inaudíbel o suspiro.
Só un chifre afastado desvelando o silencio,
perdéndose nos derradeiros recantos...
Afastada a caricia, inaudíbel o suspiro.
Só un chifre afastado desvelando o silencio,
perdéndose nos derradeiros recantos...
Longa e lenta a espera.
Sen palabras que digan a anguria duns ollos,
o seu desexo impalpábel dunha luz tremente
crecendo co ritmo do seu sangue.
Sen palabras que digan a anguria duns ollos,
o seu desexo impalpábel dunha luz tremente
crecendo co ritmo do seu sangue.
Sombrizo, como o blues,
o amor de ás túrbidas que as tebras esgazan
mentres chega o abrente.
o amor de ás túrbidas que as tebras esgazan
mentres chega o abrente.
Entre sabas cegas, febles os beizos,
crece a soidade. Escuramente
chora o amor as súas bágoas azuis.
crece a soidade. Escuramente
chora o amor as súas bágoas azuis.
Mitos
Abelardo Linares
Comentarios