O PAÍS DA DAMA ELÉCTRICA


No comezo era o lume tan cálido e vermello
coma os ollos das mozas espidas das portadas
emprendemos o camiño ao país da dama eléctrica
morría agosto e estouraban os acios
non precisabamos auga pra apagar a sede
nas nosas veas corría fogo líquido
as noites longas nas que o tempo detido
era un río xeado de ar incandescente
ata a néboa púrpura as cousas non parecían as mesmas
íamos frotando risos de cristal
e copulabamos en posturas múltiples
nomear o amor nunca foi necesario
os soños xurdían como manantiais
esvarando en fervenzas por fondos cavorcos
desfacíanse en pingas de vidro  ardente e vivo
falar de futuro semellaba inútil
cando estabamos no país da dama eléctrica

Flor no deserto
Ramón Caride Ogando
Fotografía David Montgomery e pintura de David King

Comentarios

Publicacións populares