CANDO RAIE O SOL

 

O sombreiro branco


O elegante foi espreitar a visión

do teu sombreiro branco

desaparecendo na distancia

cando non puiden soportar as bágoas.


Chegar aos teus brazos cunhas feridas

das que nunca saberás

e só cando raie o sol


tantas veces como teña desfeito a lembraza

e a braña medre pola estrada

como se nunca existise.

 

Cando esqueza os nomes que tiven que aprender

para me alimentar novamente

os lugares

se foi protector comigo o renxer das novas ábores.


Ese día 

sentado coas crianzas á mesa

—será unha tarde máis—


falarei sen acougo

dunha lenda recobrada

e ti escoitarás  porque estou regresando aínda


e estame nacendo a pel que necesito.



Novembro
Pura Tejelo

Imaxes: Shadow of a Doubt (1942), Alfred Hitchcock

Comentarios

Publicacións populares