LETRAS GALEGAS 2024


En soneto de sons que soan sendo
a melodía do que eu son na eséncia
inconsciente de ser, unha preséncia
sen mais sentido que soar sabendo,
 

a monodia do viver entendo
fluindo como o son, en transcendéncia,
improvisado ritual, ausencia
no eco que a memória vai perdendo.

Número e canto, necesária via
por que ascendo as escadas que separan
a razón da intuición que o ritmo cria,

e transgrido a palabra, se soasen
outras voces que o sentido ouviria
cando os sons da sua música calasen.


Música reservada (1987)
Luísa Villalta

Imaxe 2ª. Pintura de Jan Thorn Prikker


Comentarios

Publicacións populares