NON É O DE ENTÓN

Morriña

Todo está igual, seguramente,
O viño e o reiseñor enriba da mesa,
Os meus irmáns menores a esta hora
Deben vir de volta da escola:
Só que o tempo borrouno todo
Como unha branca tempestade de area.
                  Nicanor Parra



Estraño o río onde bañei a risa
da infancia
e o gato que me esperaba na tapia
á saída da escola.
Estraño a mesa e o seu mantel,
o té e as galletiñas,
a man da miña nai
folleando os meus cadernos
e ao meu pai, acariñando ao can
que  esperaba
ás cinco da tarde
o seu  bocado.

Pero o río  non é o de entón,
e o gato polas tapias perdeuse,
mamá foise,
non hai quen follee os meus cadernos,
papá marchou ferido pola pena,
e tras el o can en busca do bocado.


Margarita Drago

Comentarios

Publicacións populares