O SEU DESEXO
Tino
<<O enterro tivo lugar na súa aldea de Lousada, e a el acudiron tres mil persoas. Formada a comitiva fúnebre, ás seis da tarde, sacouse o féretro da casa familiar a ombros dos seus familiares e do poeta Uxío Novoneyra, presidindo o dó seus irmáns Purificación e Segundo Grandío. Tal como era o seu desexo, un grupo de gaiteiros -pertencentes á Cruz Vermella de Lugo- foi interpretando, durante todo o traxecto, muiñeiras e xotas galegas. Debido á gran cantidade de asistentes, houbo que celebra-la misa nun gran aberto, ó aire libre, nas proximidades do cemiterio. Varios sacerdotes concelebraron a misa co párroco de Santiago (A Nova) de Lugo, Padre Francisco Fontenla Aldegunde.
>>Un personaxe que ía co cortexo, e que pasaba inadvertio, era o seu can Adán.Trouxérano Pilar Fauna's e o seu marido Germán, nun todo terreo. Despois, cando Tino recibiu a terra e os golpes do cadaleito estaban silenciados polos gaiteiros, cando xa non quedaba ninguén no cemiterio nin nos seus arredores, o fiel compañeiro de Tino, o San Bernardo Adán, recostouse sobre a campa.E alí permaneceu ata o día que lle chegou a morte. Matouno unha inconsolable pena>>.
Antonio D. Olano
El Progreso, 24/04/1977
El Progreso, 24/04/1977
Pinturas: Cementerio de Lousada e Autorretrato con Adán, de Tino Grandío
Comentarios