ONDE O VENTO E O SON CONSÚMANSE
Sei da choiva nocturna caendo
como sobre cadáveres
Efraín Huerta
como sobre cadáveres
Efraín Huerta
To the depths of the ocean
where all hopes sank,
searching for you
Joy Division
where all hopes sank,
searching for you
Joy Division
Soñei o raio dos teus ollos en superzum envolto de arboredos verdísimos
Como eclosión dunha crisálida
Lanzada ao abismo entre ser e non existir
Lembrei á rapariga suicida
á que Hegel facía sentir rato
e proclameime en defensa dos
dereitos das bestas
Esperaba
Socavando o fúnebre instante espero
Viaxaches ao través das pedras
co temperamento enardecido
prófugo voraz
O meu corpo despréndese de min cara ao xardín
Onde o vento e o son
consúmanse
E consómense inesgotablemente
Naufraga das miñas propias augas Afundinme contigo
Os nosos bafos tolearon na ultratumba das poderosas terras despoboadas
Nosas chamas uníronse formando o ceo máis sanguento detendo o amencer
Porque quen se alimente do lume
serán as bestas nacentes para a eternidade
Evoquemos a noite da nosa morte no deserto
Onde unha tempestade tan profunda como dolorosa
cimbrou nas conciencias de todo
gardián do tempo e da historia
Deixemos os poemas de amor superficial
E saquemos os fusís empolvados
do noso corazón ardente
de infinito
Yes my love
Is getting ready

Karen Márquez
Comentarios