PALABRA FINXIDA

Amor nómade

Cada pito unha carta
e cada carta un amor
e cada amor unha ferida.

Así vas ti pola vida,
doce poeta menor
da palabra finxida.

Cando prenderon a chama
os teus ollos levantan voo
a facer noite noutra terra,
cegos a quen os reclama
e ao seu celo,
corazón de lume e guerra
que conquista e nunca ama.

Non hai repouso nin gorida
para o teu breve fulgor,
incerta fogueira aterida.

Así vas ti pola vida,
doce poeta menor
da palabra finxida.

Carmen Martín Gaite
Pintura de Leonid Osipovic Pasternak

Comentarios

Publicacións populares