VIVAS LABARADAS
Un levián orballo, unha ledicia
e vai nacendo este milagro novo,
este medrar preciso do teu peito,
esta quentura fonda ou esta lúa
que esbara pola bris do meu ollar.
Co feble luz tremente, eu tezo fíos
pra cántigas de amor, claras e inxeles:
e vou prendendo vivas labaradas
no agarimo profundo do teu seo.
Quero decir paixón, e digo noiva
con verba labourada eb fino labio,
digo mencer tranquilo, serán quedo,
anceio de durmir no teu acougo.
Antón Avilés de Taramancos
Fotografía de © Bill Hart-French
Comentarios