O TÍO DRÁCULA


Editorial: Medulia Editorial S.L.
Ilustracións: Naír Fuentes
Categoría: Infanto-Xuvenil
ISBN: 9788410324206
Publicación: 07/2024
Formato: Cartoné
Idioma: Galego
Número de páxinas: 44


Manuel Blanco, poeta de Ribas de Sil-San Clodio, acaba de poñer en circulación unha nova obra literaria, mais esta vez é un libro de narrativa orientado ao lectores infantís e xuvenís. 

Vacacións na casa do tío Drácula, como sinala o título, recolle a unha das figuras máis representativas do xénero fantástico dentro da escrita universal. 

O argumento afonda na chegada á mansión do tío Drácula do seu sobriño para pasar uns días de vacacións. Durante a súa  estancia alí, o sobriño escribirá un diario no que, ignorante da verdadeira natureza do seu excéntrico tío, irá relatando as aventuras deste, así como as relacións co seu xove fillo, o primo Francis.

O libro enfronta, nun ton paródico, a inocencia do cativo coa vida transgresora e algo disipada do misterioso conde.

Comentarios

Publicacións populares