FACÍACHE VISIBLE


Sabía que só era un traxe,
Pero esquecéuseme.
E xusto cando decidiches
Quitarcho
Acordeime medorenta
E enseguida pregunteime:
«Por que medorenta?
É tan só un traxe
Mesmo se durante tantos anos
O mundo cría que eras ti».
Agora, ao final, xa non hai confusión posible.
Estaba aí tirado, engurrado,
Usado de tanto levalo posto, desgastado,
Sen nada que ver contigo,
Alleo, baixo flores.
Esquecéuseme miralo,
Sentía como a túa incansable mirada
Contíñao, xunto a todos nós,
Sen ningún interese xa para ti.
Non te vías porque, como na novela de Wells,
Só o traxe facíache visible
E unicamente a neve
Que che caía nos ombreiros e no pelo
Delataba a túa presenza,
Pero dentro da igrexa non nevaba.

Ana Blandina

Comentarios

Publicacións populares