MARELA DE INSOMNIO

Praza do Campo

Tebras o axexo
Pola rúa suben
as casas en muletas.
Navallas de lúa
na acera.
Unha sola ventá,
marela de insomnio.
Duro de lúa o seixo
desexa e agarda o crimen.
Pérdese
a iauga verde e moura da fonte.
¿Salíu deiquí a noite?
Dedo en alto
o santo de pedra
pide silencio.

Luís Pimentel 

Comentarios

Publicacións populares