THE YEAR OF THE CAT
Al Stewart cantaba o Ano do Gato
a través do dial do receptor de radio,
e cos violíns e os saxos apuntalaban a tarde
escorada cara o mar manchada de bateas.
Lembro que se levaban os blue-jeans marca Lee,
(pronunciábano Li -of course- os entendidos)
e cos violíns e os saxos apuntalaban a tarde
escorada cara o mar manchada de bateas.
Lembro que se levaban os blue-jeans marca Lee,
(pronunciábano Li -of course- os entendidos)
os tenis John Smith e as camisas a cadros,
e aqueles cintos brancos de loneta
que tanto se manchaban...
Faciamos aquel Bacherelato longo
que remataba en COU tralo Latín e a Arte
e as Cantigas de amigo, de amor e mais de escarnio...
E amabamos a mesma morena e dende lonxe,
con esa amor que doía de improbable,
e falabamos con ela de Historia ou de novela
ou de Filosofía, e nunca lle expuxemo-la teoría
do estuche do seus peitos nas táboas de Ximnasia
da "Morte ten un prezo" das tardes soleadas,
nin das pernas expostas ás saias tableadas...
Al Stewart era A-3 na máquina de discos
e poemas doentes de amor que non lle demos,
pero era tamén a porta do escuro labirinto,
a paixón evidente que desborda os sentidos,
era descubrir que existen pasadizos
de sexo feminino. E malia todo,
insistentes incendios inocentes
para brúxulas de Norte inoxidable.
Balsaín Blues
Domingo Tabuyo
Comentarios