CANSA O SILENCIO

Poema 36

O meu corpo comprímese
Na nostalxia do outono
Evoca o aroma dunha terra sen nome
E dun sol sen vergoña
Que non se esconde coa tarde
Un par de luceiros non se asoman
Nin na mañá nin na noite
Cansa o silencio
A promesa do vento
E un día que non está escrito
Un millón de minutos que non tocan á miña porta
A espera e a vida escórrese
O insomnio das miñas pálpebras esgótase
As palabras fóxense en beizos silandeiros
Desconformes co teu nome.

Lourdes Ortiz


Comentarios

Publicacións populares