OLLANDO CARA ATRÁS

 



Viaxe á cinza


Acontece que o silencio era a noite da túa ollada branca,
ou nai que morre por vivirnos, ou porta choída de horizonte
no teu universo de labios. E cando te fuches
ficou un rostro en sal ollando cara atrás
como quen salva o xoguete máis querido
de todo o incendio vertical da infancia.


Os aposentos silenciados
Xavier Rodríguez Barrio

Fotografía © meer

Comentarios

Publicacións populares