UN TEITO SEN ASTROS

Hotel sen estrelas

Mirou desconfiado o agasallo que lle daba a noite
esta vez un teito sen astros.

O hotel branco
sen o tufo de pasos míseros.

Unha noite de firmamento quente e limpa
co arrecendo a aceite industrial

sen cans que agarimar dóciles

como a amigos que comparten a nosa propia desgraza.



Comentarios

Publicacións populares