NON O HABERÁ XAMAIS


 Canción do fin do mundo


O día do fin do mundo

unha abella arrodea un trevo,

un pescador repara unha rede relucente.

Toniñas ditosas saltan no mar,

polos canlóns revoltan gorrións,

a becha ten a pel dourada como sempre.


O día do fin do mundo,

as mulleres andan sobre os campos con antucas,

o borracho dorme sobre o céspede,

os vendedores de verduras berran nas rúas,

a barca de velas marelas atraca na illa,

o son dun violín expándese no aire,

e a noite énchese de estrelas.


Os que esperaban raios e tronos

perciben o engano.

E os que esperaban sinais, trompetas e arcanxos

non cren que está a suceder agora.

Mentres o sol e a lúa están por encima,

mentres o abellón visita unha rosa,

mentres os nenos nacen sonrosados

ninguén cre que este sexa o final.


Só un home vello de pelo branco que puido ser profeta

—pero escolleu outro oficio—

Repite mentres amontoa os seus tomates:

Non haberá nunca máis outro fin do mundo.

Outro fin do mundo non o haberá xamais.


Czesław Miłosz

Pintura de Claude Monet

Comentarios

Publicacións populares