ARTESÁNS DA MORTE
Á tardiña
humanidades despezadas
de terra a terra
canta o kalash
canta a metralladora
tratratata....
tratratata....
dedos teclean os gatillos
artistas talentosos
artesáns da morte
co seu canto funesto que cabalga as xeracións
canto dos sementadores de carne negra
da miña terra á terra
da miña terra ao acalar
da miña terra ao muxido
dispara
canto de tiros en refacho
tragan a esperanza pegañosa ó toser
pero ata cando cantarán as armas aquí
Mali
Guinea
Chad
Gabón
Costa do Marfil
Burkina Faso
os outros
o mesmo canto funesto.
Nanda La Gaboma (Naelle Sandra)
Fotografía de AFP
Comentarios