CORES ESVAÍDAS


Amor do bosco

quero traer ao teu corpo de morta
ollos para ollar nos séculos vindeiros
as pombas dos homes nas roseiras
que fixeron terra e povo nos loureiros

quero mapoulear nos peixes lenes
para ficar canso nas cores esvaídas
procurando as seivas máxicas dos devanceiros
que alumeen a tua face lourida e lentecida

quero desde a póla murcha dunha árvore
ao son das cítaras dos gnomos acendidos
oubear ronseis tépedos nas festas
sen que as dálias azul-sexo dos lírios
destruan a nosa morte compartida
e me deixen a min cavaleiro dorido
nas espidas praias da vida
náufrago da morte de non morrer contigo


Banquete 
Lino Braxe
Fotografías de © fototelegraf.ru

Comentarios

Publicacións populares