PELEXANDO E CHEA DE ESPANTO

Cega rebelde

O que sinto cando estou a tanguer a guitarra é algo frío e tolo, como se non debera nada a ninguén e fose unha proba para ver como podo relaxarme na xeada vaga dunha nota, no momento en que todo sae á perfección. 

A noble nota pode seguir eternamente, xamais me canso do solitario Mi e confío na miña guitarra. Ás veces é inútil, aquí tesme pelexando e chea de espanto... arrepiada de que quizais nunca consiga espremer o seguinte grafito do meu cranio danado por inspirar ou afogar calquera ollo que ande pastando como un a vaca famenta polo escenario ou a páxina, dentro estou louca, dentro debo seguir, véxoa, miña tesa musa, sobresaíndo no souto como unha briosa estatua crebada, o ano colonial morreu e os gregos tamén están acabados, a faciana de Alexandre permanece non só grazas ao escultor senón ao poder, o magnetismo e a previsión de Alexandre.

O artista presérvase a si mesmo, mantén o a súa fantochado está bébedo polo ritual tanto como polo resultado, mírame estou a rir, estou a lamber cocaína na dura palma negra do boxeador, confío na miña guitarra, por iso esmorecemos xuntos, por iso abriríame paso entre a escoura por ela e a escoura está diante pero rimos, subindo coa montaña oca chego á cima, nos axeondamos rimos irradiamos ao final, esta rebelión é unha marabilla que pasamos.

Un fogo de orixe descoñecido
Patti Smith
Fotografías de 1976: Popular 1 e Lynn Goldsmith


Comentarios

Publicacións populares