REMEMBERING HUGS/ABELARDO VÁZQUEZ
Novo sinxelo nas principais plataformas dixitais de música. É unha peza que compuxen este mesmo ano e que espero que sexa a ponte -ou unha delas- entre o álbum que publiquei a principios de anos (Intimate Landscapes) e o próximo. Está xa moi avanzado. Quedan os -para min- tediosos traballos de arranxos e produción, pero teño abundante material do que extraer o que me pareza máis apropiado.
Será unha viaxe nostálxica á infancia a través das rúas de Ferrol, a cidade na que nacín. Obrigáronme a abandonala aos 10 anos. Non era un mundo perfecto nin moito menos. Nos anos 60 do século pasado todo estaba cuberto dunha bruma perpetua, ás veces sinistra, que os nenos atravesabamos máxicamente con xogos, afectos e imaxinación. Ese espazo sacro da infancia adoita volver, máis vívido que nunca, cando te achegas ao final da vida. Non é só un fenómeno neurobiolóxico. Ten profundas implicacións sobre a construción da identidade, a relación co tempo, o significado da existencia ou a procura dunha certa coherencia vital. É unha viaxe fermosa que espero plasmar na música.
"Remembering hugs". Paz e sentidiño.
Abelardo Vázquez
Comentarios