Á BEIRA DO SOLPOR
Soneto algo roto pra unha tarde
Algo morre na tarde desta tarde.
Algo -non sei que foi- marchou para sempre.
Unha esperanza máis que non froitificou
E morreu co serán.
Algunha tarde sinto que algo morre,
que algo se vai para sempre.
Unha carta esperada que non chega.
Calquera cousa.
Algún río que marcha e nunca torna.
Algún soño que non, que non foi certo.
Algunha verba nunca pronunciada.
Eu, debruzado á beira do solpor,
levo a miña tristeza
agachada no fondo do silencio.
Darío Xohán Cabana
Comentarios