Un día a vida acontece
e témese ao silencio do infinito
camíñase e noméase entre o non sabido
As pegadas convértense no único certeiro,
alí habita unha luz
que como un vagalume acende e apaga
Iso, chamado incerteza
Enigma sacro que nos reviste.
Comentarios