COMEZO A CANTAR HOXE
Canto a min mesmo
Celébrome e cántome a min mesmo.
E o que eu diga agora de min, dígoo de ti,
porque o que eu teño telo ti
e cada átomo do meu corpo é teu tamén.
Vago… e convido a vagar á miña alma.
Vago e tómbome ao meu antollo sobre a terra
para ver como crece a herba do estío.
A miña lingua e cada molécula do meu sangue naceron aquí,
desta terra e destes ventos.
Procreáronme pais que naceron aquí,
de pais que procrearon outros pais que naceron aquí,
de pais fillos desta terra e destes ventos tamén.
Teño trinta e sete anos. A miña saúde é perfecta.
E co meu alento puro
comezo a cantar hoxe
e non terminarei o meu canto ata que me morra.
Que calen agora as escolas e os credos.
Atrás. Ao seu sitio.
Se cal é a miña misión e non o esquecerei;
que ninguén o esqueza.
Pero agora eu ofrezo o meu peito o mesmo ao ben que ao mal,
deixo falar a todos sen restrición,
e abro de pao a pao as portas á enerxía orixinal da natureza desenfreada.
Canto a min mesmo (I)
Walt Whitman
Walt Whitman



.jpg)
Comentarios