NON OS QUEREN OS SOBERBOS
Gabanza dos burriños
Fixeches os burriños símbolo da homildanza,
e, porque son humildes, ninguén se acorda deles;
si é que lles botan penso pra lles encher a panza
é pra que rexan moito e teñan finas peles.
Non os queren os soberbos da terra pra montalos
-o fausto e a mansedume son malos compañeiros-
son as monturas ricas pra o lombo dos cabalos;
de saco ou lona é a albarda dos burriños tristeiros.
Mais, pra gabanza deles abonda decir esto
que pon o seu liñaxe na outura mais superna:
encol das súas costas levano a Xesucristo
i ao Serafín da Umbría cando subéu ao Alverna.
Faustino Rey Romero
Fotografía de Pablo Vidal


.jpg)
Comentarios