SILENZO NOS OLLOS

Desterro insone

Os que na noite erguen o seu ramaxe ardigo
no que penduran froitos acos de sede e cinza
e zugan nises arrios da luz sobor dos ollos
a tafega comprida de un desterro;

os que teimaron arricaren
dos beizos supricantes a verba definitiva
e somentes a nebra hacharon firme;

os que treman ollando soidades
póla cinza do tempo xa estercadas
que á murcha luz dos eidos negativos
amostran o seguro delito das tafegas;

os que xurden maguados de estremecimento;
os que afogados na derradeira foula do silenzo
dende os noiturnos leitos ardigos
amenceron co terror nas suas intranas;
fondos cales de luz na terra alléa
e viron como un froito o seu desterro;

os que levan nos ollos o silenzo de muitas mortes,
os arrecidos de maldicións istranas
que os ouvidos dos cans afuxen dos umbraes;

os adicados a unha escura promesa,
a un destiño luminoso sin emparo.

Crama ao acougo dos sonos e da morte,
aos muros de silenzo,
debátense nas carzles, estalan
n-isa vouga tafega de outuras negativas
e abandóanse ás chamas do seu sangue
longas como saloucos n-unha furna chea de noite,
e zugan os amaros miolos da súa culpa
como tributo ao ceibe rexurdir;
e ao froito das rexas anguriantes
recollen o seu corpo inavitabre para unha vida de luceiro orfo.


Fabulario novo
Manuel Cuña Novás
Fotografías de Brassaï

Comentarios

Publicacións populares