ESTÁS A FERIRME

 

Láminas

Estás a facerme chorar co teu recordo.
Sóbeme ata os ollos,
dúbida, vacila, e cae
como unha infanta da almea ao foso.

Porque recordo que tiñas dezasete anos,
e todos de ouro.
E os peitiños tremíanche
como as follas do chopo.

E as sandalias que poñías na primavera,
peciños vermellos.
E a cinta da
túa combinación, en roda.

Estás a ferirme cunhas ás tan fráxiles.
Quen rompeu a brisa,
esta seda do aire, no recordo,
quen a desfiña?

Porque pregunto, e ninguén me responde,
por unha cousa que foi miña,
e estou a arrincar días e noites
da miña vida,

para que non me fagan chorar máis
unhas láminas amarelas
nas que ti, unha mañá de primavera,
apareciches, coas sandalias de nena.


Ancia (1958)
Blas de Otero
Fotografía de Gabrielle Duplantier

Comentarios

Publicacións populares