LESBIA
V
Vivamos, miña Lesbia, o amor,
e as caladuras dos vellos máis severos
estimémolas todas nunha cadela.
O solde cada día pode morrer e rexurdir:
Nós, unha vez esmoreza a breve luz,
unha noite perpetua teremos que durmir.
Dame bicos mil, despois un cento,
logo mil máis, logo un segundo cento,
despois ata outros mil, despois un cento,
logo, cando moitos miles nos demos,
enguedellémolos, para que non o saibamos,
ou para que ningún malfadado envidiarnos poda,
cando tanto saiba que son os bicos.
LXXXVI
Quintia fermosa é para moitos. Para min é branca, alta,
tesa; cada un destes encantos así llos recoñezo.
Na súa totalidade fermosa, négoo: pois ningunha graza,
ningunha hai, en corpo tan grande, pizca de sal.
Lesbia é fermosa, non só é toda ela una preciosidade,
senón que ela unha soa roubou a todas tódolos encantos.
LXXXVII
Ningunha muller pode dicir que foi amada tan
de verdade como ti por min foches amada, Lesbia.
Ningunha lealtade foi endexamais tanta nunha promesa,
como no teu amor da miña parte se descubreu.
Catulo
Pintura de Sir Lawrence Alma-Tadema


.jpg)
Comentarios