Eu vivo en Vigo, cidade tensa, desde a primeira autoridade ao que espera na filas de parados. Todos andamos de mala leite, con cara de asasinos, nin sequera a trocamos cando aparece un meniño o un vello, por dicir os máis vulnerables según as normas do políticamente correcto. O ambente é estrepitoso, a circulación caótica, os ruidos son donos das rúas. E todo iso reflíctese no actividade cotidiá, na que hai unha tendencia a facer as cousas dunha forma desganada. Por exemplo, un acto oficial, o día adicado as xentes que defenderon Vigo fronte a invasión napoleónica. Pero antes de entrar en materia, quero recordar que tamén hai polémica sobre a data. Dun lado están os que din que é unha patraña a festa da Reconquista viguesa, pois representa o enfrentamento do vello réxime contra as ideas da revolución francesa. Outros, que non, que foi a loita pola independencia contra un exército invasor. O que isto lea, que elixa unha das dúas, ou ben se absteña, é dicir: non sabe non contesta.
O que iba, o pasado venres celebrouse na praza da Independenza a ofrenda floral os herois do levantamento popular contra o exército de Napoleón. Como todolos anos, este evento non ten nada de novo, pois sempre se repite o mesmo e aburrido programa. Discurso do rexidor municipal, ofrenda floral, bailes tradicionais de Galicia da Escola de Danza, música pola Banda Municipal e choiva, ademáis da típica concentración de veciños cabreados para protestar, aínda que este ano non houbo tanta crispación. Semella que a cousa está cambiando, pois os manifestantes non contestaron ao discurso do alcalde Abel Caballero. Somentes se amordazaron e elevaron carteis ó ceo contra o Plan Xeral. Por qué será? pois un ano antes, a entón alcaldesa Corina Porro cando se dirixía ao público recibíu tantos berros e ruídos que apenas se escoitaba o que dicía.
Sen embargo, os medios de comunicación sempre saben sacar tallada as cousas, pois seguen a raxatáboa aquela máxima de que unha boa noticia non che arruine a información. Puden ver cos meus ollos como as fotografías dos xornais recalcaban máis os carteis cun encadre estratéxico, pois o único salientabel dese acto parece ser que eran as letras protesta dos veciños sobre o Plan Xeral, cando nin iso lle quitou o discorrer canso ao devandito acto.
Eu sigo pensando que estou viviendo nunha urbe polémica. Dos que oficialmente teñen a culpa xa escribirei noutra ocasión.

Comentarios