Non hai que ir a Compostela para liberar o Courel. Só hai que deixar ao Courel que decida. A tradicional democracia participativa destas montañas, o seu comunalismo, compartido por gran parte de Galicia, para sorpresa dos preguiceiros amantes dos tópicos, fan deste chamamento de SOS COUREL o primeiro paso para que estes montes recobren a vitalidade que mana tras de cada outeiro. Os que aquí vivimos así o esiximos, e os que aí non moramos tamén o demandamos.
Unha conclusión:
Temos pois que un territorio declarado de interese público polos seus valores culturais e naturais, e coas mellores condicións naturais para un desenvolvemento integral único e exemplar (agro gandeiría de calidade, silvícola, elaboración e venda de prodtos propios, turístico, recreativo...; está sendo arrasado de xeito ocioso por intereses puramente lucrativos, sen futuro e que impiden totalmente a confianza para a inversión privada e o asentamento da poboación. Feito agravado pola carencia de servizos públicos obrigatorios e unhas infraestructuras racionais insuficientes.
l
l
Do resumo do Plan De Desenvolvemento Rural Urxente para o Concello do Courel. SOS COUREL.
Anatomía de la melancolía, foto de Emilio Blanco
Comentarios