Orixinaria de Europa e sudoeste de Asia. Habita en lugares secos de bosques, matogueiras e sebes. Cultivada e ocasionalmente naturalizada. Pódese atopar nas cercanías de Ribadeo, Lugo e Ourense. Enrtre 18 e 25 metros. Tronco curto e fleuxoso. Cortiza marrón escura, algo amarela, fendida e escamuda. Copa baixa, moi densa, ovoide -arredondada e irregular. Follas de 5x10 centímetros, caedizas, simples, opostas, provistas dun pecíolo verde ou rosado de 5 centímetros, palmeado -lobuladas ou palmeado- fendidas, con cinco lóbulos máis ou menos dentados o sinuados, base acorazada, cor verde opaca na face e pubescentes no envés. No outono, viran a cor amarela dourada primeiro e a cor vermella despois.
l
Da Guía das árobres de Galicia. Baía Edicións (2001)
l
l
Fotografía de Emilio Blanco
Comentarios