Maio
Xardineiro eres...A mín te achegas
co sombreiro de rosas carregado,
bébedo de arrecendos e paxareira música.
O meu xardín achégate...Cólmame a roseira
de caraveles sen espiñas.
Rosas quero atopar nel. Manseliñas rosas,
cando o fondo do meu horto
por elas a percura me encamiñe.
Rosas quero ter. Rosas que non firan
con crueza. Rosas
na roseira e nas mans miñas.
Rosas, que me aleden os ollos
farturentamente.
Rosas, que ergan para mín os tenros péitalos
e me regalen con frondente arume.
Rosas, onde groriosamente canten
paxaros da ledicia.
Nos redondos días -alongados berces
do sol e das cheas luas-rosas para mín...
¡Rosas!...
l
l


Un poema cada mes
Dora Vázquez (1913)

Maio. Fotografía de Emilio Blanco


Comentarios

Publicacións populares