A nosa historia
O Estatuto de Autonomía de Galicia foi votado a favor por 993.351 galegos o 28 de xuño de 1936, dun censo de 1.134.135 persoas, das que 6.161 votaron en contra e 1.451 en branco. O quorum esixido pola Constitución da II República era de 895.423, polo que foi pasado por cerca de 98.000 votos. O 15 de xullo de 1936 unha coimisión fixo entrega o presidente das Cortes o proxecto do Estatuto Galego. A comisión foi recibida polo presidente Manuel Azaña o 17 de xullo, polo que só quedaba a ratificación do Parlamento, mais o 18 de xullo levantaronse contra a legalidade democrática o militares africanistas encabezados por varios xerales, entre eles o galego Franco.
Abríase un tempo de terror, represión, que acabou coa vida de miles de persoas a pesar de que Galicia no estaba no frente de combate. Logo seguiron os anos de silencio e afastamento que sumiron a Galicia nunha pobreza económica e espiritual mantida ata finais do século XX. A sangría da emigración continuo cara a outros países onde os galegos e galegas podían atopar unha salida a empobrecemento do seu pobo.
l
Fotografía na Praza Maior de Lugo, manifestación a prol do Estatuto de Autonomía.
Comentarios