O encoro
Da presa ascendía a liña escura e viva, como unha ringleira de formigas. Ascendía con certeza, case como unha forza natural, algo como unha enxurrada inexorable e inverso que vencía lentamente á gravidade. Lembrou Andrés, abraiado, o odio dos campesiños para a presa, para a central, mentres a contemplaba agora, pechando o fondo do val, xa construída por campesiños tamén. Sabía o que a presa significaba para a elemental agricultura dos pobos próximos, especialmente para Aldeaseca, o máis próximo dos que iban a quedar baixo as augas do pantano. Perderían a poca auga que agora conseguían coas súas pequenas acequias e, nos novos pobos construídos pola empresa terían que empezar outra vez con terras novas, sen posibilidade de regos ata algúns anos despois. Aldeaseca ía ser trasladado a unha extensión que case era un mar de pedras e cardos. Toda aquela comarca era máis ou menos así. Por iso, case todos os pobos estaban situados xunto ao río e no seu val cultivaban perqueñas parcelas salvadas durante séculos, acaso, do avance da secura e das pedras. Viñera Martínez con outro dos enxeñeiros e falaban os dous apoiados na varanda de lombos á presa co contratista. Oíase na conversa continuamente a frase man de obra.
-Aquí haina sen ter que pagar viaxe -dixo o contratista.
Discuten o mesmo de sempre, penso Andrés. Seguía mirando a liña de obreiros.
-Non terán máis remedio que traballar na presa, dicía o outro enxeñeiro-.
-Esta rexión é seca como un demo e nas novas terras terán que pasarse un século tirando pedras se queren plantar unha col.
Central eléctrica. Jesús López Pacheco (1930-1997)
Fotografía feita por min e adicada as grandes empresas do sector hidroeléctrico que agora apostan por enerxías renovables e tentan vender a moto tebrosa dun ecoloxismo impensable cando encheron os petos co sudor e sangue da xente onde deixaron as súas modernas construcións, e necesarios xeradores de enerxía, según eles, que o único que cubriron foron as contas dos donos das devanditas corporacións e dos políticos aproveitados, que aínda os hai exercendo. Onde está o diñeiro do canon? por que non revertiu nas zonas asolagadas? En fin a ese poder económico que se impón os tres clásicos, adivinen cales son? Ese poder que polos seus anuncios nos medios de comunicación o coñeceredes.
Comentarios