O rabaño
O outro día ao ler un diario dixital púxenme a escribir sobre o acoso laboral sufrido por min anos atrás, máis ben a opinar desde un punto de vista particular sobre o ocorrido, pero ao final non saíu nada porque se me esqueceu incluír os meus apelidos ao lado do nome, aínda que o primeiro ía na dirección do e-mail. O fallo foi meu, así que por non desperdiciar o escrito accedín á miña memoria para lembrar máis ou menos o relatado.
Non sei o nome do científico que dixo que o acoso laboral (non emprego a palabra en inglés máis curta pero menos directa e máis eufemística) é unha práctica habitual de determinadas aves sobre elementos da súa mesma raza aos que consideran máis fortes e polo tanto en mellores condicións para soportar un enfrontamento directo. Por ese motivo únense todos para atacar ao elemento discordante, ao que chegan incluso a botar e se é necesario matar.
O meu caso non era nin o de máis intelixente, forte, guapo, alto, saudable, listo, malvado, pasota, muller, sindicalista, negro, sudamericano, peneque, drogadicto, islamista, skin head, etarra, grapo, pederasta, asasino en serie... Talvez se fóra algún deles non correría esa sorte, sobre todo os derradeiros, porque como dicía a miña avoa, que en gloria estea (sic): “O medo garda a viña”.
Cal era o problema? Estaba na nómina, segundo o asasino a soldo contratado pola directiva da empresa para realizar o xogo sucio. Unha vez que o entón administrador do xornal decano da prensa galega, Faro de Vigo, comunicoume que era necesaria unha novación de emprego se quería continuar na redacción, a maioría do meu arredor preferiu seguir no bando dos acosadores, agás honrosas excepcións que as hai ata en casos moito máis dramáticos có meu.
Confirmouse a teoría do científico de marras citado ao comezo, a presión da xauría de hienas fíxose máis clara nos postos elevados, xa confirmada a seguridade de que contaban co apoio máis ou menos explícito da masa. Calquera tontería servía de escusa para provocar e tentar facer que un sentísese un don ninguén, pero non era o meu caso, pois nalgún momento saquei os dentes con intención de fundilos na xugular dalgún acosador. O devandito xa, os propios compañeiros, agás honrosas excepcións, uníronse tamén ao coro dos en teoría fortes. Entraran no grupo que tarde ou cedo ía sufrir a miña situación.
Ao final, saín da empresa, tras moitos anos de traballo. Si, déronme a indemnización, como dicían algúns, pero no fondo non hai diñeiro que pague un posto de traballo que che gusta e no que deixaches moitas horas. E poñéndose en plan práctico, aos 45 anos non é boa idade para entrar nas listas do INEM.
Un que é de letras, e non quere estenderse en detalles, quédase co o dito por un pensador chinés: Espera sentado, e verás pasar o cadáver do teu inimigo. Algún dos que formaban o rabaño acosador xa se morreu, espero que ao resto lle ocorra o mesmo, sobre todo os rechamantes gerifaltes da empresa; se non, pois non pasa nada, pero me alegraría que a palmaran o actual director e o director adxunto, postos a pedir. O resto que se morra cando lles toque.

Comentarios