Unha de fadas

A gorxa do río Cares sérveme para lembrar un deses personaxes de lenda, cuxa existencia se debe máis ao boca a boca, tradición oral ou como se queira chamar, que á súa presenza física, palpable. Quizais, por iso, por estar rodeados dun halo de insustancialidad, os seres mitolóxicos naceron cando as únicas ameazas reais estaban determinadas pola natureza. Dese territorio, e volvo á paisaxe da fotografía de arriba, son as xanas, máis ben fermosas fisicamente falando, de voz melosa e inalcanzables, que teñen o seu medio natural en torno aos ríos. As súas moradas son as covas e as proximidades das fontes de auga. Gardianas de tesouros, as xanas encantadas están pacientemente á espera de que alguen as saque dos seus agochados bosques. A cambio, o agraciado gozará do tesouro que esta fada lle reserva e do que é guardiana. Desa inmersión no ámbito do mitolóxico descubro que os contos e lendas teñen sempre como principais protagonistas ás mulleres, para ben ou para mal, neste caso se non me trabuco as xanas pertencen máis ben o seres bos e xenerosos. Eu, como se dice na miña aldea: eu non creo nelas, mais habelas hailas.


Fotografía da gorxa do Cares, de Emilio Blanco, quen non se atopou coas xanas no seu percorrido por ese lugar de soño.



Comentarios

Publicacións populares